Semana da educación 2026

XI SEMANA DA EDUCACION 2026

Levamos máis dunha década apostando pola ensinanza e a aprendizaxe, porque queremos e debemos mellorar o noso entorno. Ofertamos CATRO CONFERENCIAS DE BALDE para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular, acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación. Nesta edición, contamos novamente, con conferenciantes de luxo que son grandes profesionais con experiencia na temática.

“BENESTAR EMOCIONAL E SAÚDE MENTAL“

Do 9 ao 12 de febreiro de 2026, ás 19h no Auditorio de Goián (Tomiño)

 

María Couso –  9 de febreiro “Impacto da tecnoloxía no desenvolvemento cognitivo da infancia e da adolescencia”

Enric Armengou– 10 de febreiro “Romper o silencio, claves para a prevención das condutas autolesivas na infancia e mocidade”

David Pastor – 11 de febreiro “Comunicación efectiva coas novas xeracións”

Miriam Al Abid– 12 de febreiro “A educación sexual: que ten que ver coa saúde mental?”

 

Lembra que temos servizo de canguraxe de balde!! Conciliación ON