Servizo de atención temperá (SAT) – Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño

O concepto de atención temperá refírese a un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e á súa contorna.

Ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos do desenvolvemento, ou en risco de padecelos.

 

Servizos: Logopeda, Fisioterapeuta, Psicóloga

Horario de atención:

Luns: 16:00 – 20:00

Martes: 09:00 – 13:00 / 15:00  – 19:00

Mércores: 15:00 – 20:00

Xoves: 09:00 – 13:00 / 15:00 – 19:00

Ubicación: Edificio de Servizos Sociais – Barrio da Rocha, Nº8.

Teléfono: 886 156 172

Enderezo electrónico: atenciontempranamibm@cogami.gal

Máis información

 

A publicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá, significou un punto de inflexión na consideración da Atención Temperá. Dende o 15 de setembro a Mancomunidade do Baixo Miño, conta cun servizo de atención temperá nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño.

 

Que é a Atención Temperá?

Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e á súa contorna, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento, ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

 

A quen se dirixe a Atención Temperá?

Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento, ou en risco de padecelos (ás súas familias e á súa contorna), empadroados nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño.

 

Quen pode informar dunha sospeita de trastorno de desenvolvemento nun neno?

As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia. No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría.

 

A onde debo dirixirme para obter mais información?

– Aos servizos sociais dos concellos de Tomiño, Tui, A Guarda ou O Rosal.

– Aos servizos de orientación dos centros educativos nos que estea matriculado o neno ou nena.

– Ao servizo de atención temperá da Mancomunidade do Baixo Miño, chamando ao teléfono 886156172 ou a través do correo electrónico atenciontempranamibm@cogami.gal.

Descargar o folleto