O Concello de Tomiño volve sumarse ao programa de mobilidade “Sobes ao autobús do teatro?” do Centro Dramático Galego (CDG), unha iniciativa que permite á veciñanza desprazarse de balde ata o Salón Teatro de Santiago de Compostela para gozar da programación profesional do CDG.
Nesta ocasión, a cita é coa produción “A Serie Clopen”, baixo a dirección de Pablo Reboleiro e dramaturxia de Clara Gayo e Pablo Reboleiro. Sobre o escenario, un elenco formado por Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo ofrecen un espectáculo definido como “acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora”.
A función conta con recursos de accesibilidade (audiodescrición, lingua de signos e subtitulado), e está recomendada para todos os públicos.
DATA: domingo, 13 de setembro de 2026
SAÍDA: 14:40h, rotonda avda. República Arxentina (prégase puntualidade)
FUNCIÓN: 18:00h no Salón Teatro (Santiago de Compostela)
HORA DE SAÍDA TRAS A FUNCIÓN: 20:00h
PREZO: 5€
INSCRICIÓNS: a través do formulario web ou chamando ao 986 622 001, ata o 11 de setembro.
Prazas limitadas.
