“SOS: meu fillo non me fai caso” (problemas de comportamento de 0 a 6 anos) é a nova charla que propón a Concellería de Benestar Social O encontro, que estará a cargo dun psicoterapeuta, será o mércores 2 de maio na Casa da Cultura

“SOS: meu fillo non me fai caso” (problemas de comportamento de 0 a 6 anos) é a nova charla que propón a Concellería de Benestar Social, co obxectivo de achegar ás familias pautas e orientacións para afrontar a crianza de xeito positivo.

Cales son as estratexias a utilizar cando o comportamento do noso fillo non é o esperado? Como xestionar as rabietas? Como encamiñar de xeito adecuado actitudes de negación ou comportamentos disruptivos dos nosos fillos fronte a nós ou fronte a outros?

O encontro, que terá lugar o vindeiro mércores, 2 de maio, na Casa da Cultura, a partir das 17.30h, estará a cargo de José Cardama Barrientos, psicólogo e terapeuta familiar.