SOS Tomiño-Baixo Miño atendeu a 123 familias de catro concellos da comarca durante o ano 2019 O traballo foi posible grazas á colaboración de empresas e das diferentes administracións. É importante destacar a doazón de particulares e do Banco de Alimentos de Vigo

BALANCE AÑO 2019

A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño fai balance do ano 2019, durante o cal se entregaron máis de 150 toneladas de alimentos.

Ao inicio do ano 2019 tiñan 91 familias, atendendo a 312 persoas. A fin de ano foron 123 familias e 381 persoas as beneficiadas. Estas repártense da forma seguinte: 26 familias en Tomiño, 69 familias en Tui, 8 familias no Rosal e 20 familias en Oia.

No 2019 chegouse a un acordo co concello de Oia, e desde o 15 de xuño, comezouse a repartir alimentos coas familias derivadas de Servizos Sociais. O concello de Oia cedeu á Asociación un local para a almacenaxe e distribución de alimentos.

Todo este traballo foi posible grazas á colaboración de empresas e tamén das diferentes administracións local, provincial, autonómica e estatal. É importante destacar a doazón de particulares, tanto en forma de alimentos como de servizos e do Banco de Alimentos de Vigo, co que se traballa estreitamente.

O traballo dos voluntarios e voluntarias é o que permite que o proxecto da Asociación siga adiante. O labor que realizan é múltiple e levada a cabo á perfección: no almacén, controlando e clasificando alimentos; nas recollidas de alimentos; na elaboración dos lotes de alimentos que se entregan a cada beneficiario; na repartición quincenal; na atención ás familias, na xestión da documentación. Cada unha das funcións, realizada de forma calada e anónima, é fundamental para que esta Asociación poida continuar o seu traballo coas familias que carecen de recursos.

Os voluntarios de Sos Tomiño Baixo Miño fan un traballo inmenso. Lévano a cabo sacando tempo á súa vida cotiá e ás súas familias. Por iso, o seu traballo é tan importante e o servizo que prestan á comunidade, impagable.

Fonte: SOS Tomiño-Baixo Miño.

Foto: grupo de voluntarios e voluntarias.