Subvencións saneamento autónomo

PRAZOS DE PRESENTACIÓN E XUSTIFICACIÓN

– Presentación: ata o 28 de abril 2026

– Xustificación: 31 de outubro 2026

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Liña 1:

  • Mellora do sistema de saneamento autónomo individual.
  • Substitución e instalación dun un novo sistema de saneamento autónomo individual.

Liña 2:

  • Elaboración de documentación técnica necesaria para o desenvolvemento das obras (proxectos, asesoría ou consultoría) e solicitudes de autorizacións, sempre que estean relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a axeitada preparación e execución da mesma.

É posible obter subvención por unha ou por ámbalas dúas liñas.

CONTÍAS SUBVENCIONABLES

Os beneficiarios poderán recibir o 80% do orzamento presentado sobre os gastos subvencionables, cun límite de 2.500 euros por solicitante para a liña 1 e o 80% do orzamento presentado sobre os gastos subvencionables, cun límite de 600 euros por solicitude para a liña 2.

Deberán xustificarse gastos por un importe do 125% do importe subvencionado

Liña 1: 3.906,25 €

Liña 2: 937,50 €