Tomiño abre as instalacións deportivas do Mosteiro pero recomenda un uso responsable das mesmas Aconséllase non estar máis dunha hora, se hai xente esperando, e desinfectar o material antes e despois da práctica deportiva

A Concellería de Deportes do Concello de Tomiño vén de abrir as pistas da Zona Deportiva do Mosteiro, situadas xunto ao colexio Pedro Caselles Beltrán, para a súa utilización por parte da cidadanía.
As instalacións poden disfrutarse facendo un uso responsable das mesmas. Para iso, o Concello instalou cartaces nos que aconsella, por exemplo, non estar máis dunha hora, se hai xente esperando, desinfectar o material deportivo antes e despois de xogar, usar máscara nas instalacións, agás no momento da práctica deportiva, manter a distancia obrigatoria de 2 metros, mínimo, entre as persoas, evitar aglomeracións, lavar as mans con frecuencia, etc. Asemade, non se permite fumar, entrar con bebidas alcohólicas, latas ou vidros, tirar lixo, etc.