Tomiño abre o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas de patinaxe As clases comezarán en novembro e desenvolveranse en Tomiño, Tebra, Goián, Barrantes e Sobrada

O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas de Patinaxe, que volverán a desenvolverse en diferentes puntos do municipio a partir do vindeiro mes de novembro. Dirixidas a nenos e nenas de 5 a 16 anos, a actividade partirá do nivel de iniciación para que, a través dos diferentes adestramentos, todas e todos os participantes vaian mellorando e perfeccionando a súa técnica.

As persoas participantes poderán escoller entre cinco localizacións diferentes para levar a cabo a actividade. Así, as clases serán:

  • En Tomiño, os xoves ás 16.00, 17.00 e 18.00 horas.
  • En Tebra, os venres ás 17.45 e 18.45 horas.
  • En Goián, os luns ás 17.30 e ás 18.30 horas.
  • En Barrantes, os venres ás 16.15 horas,
  • En Sobrada, os martes ás 18.00 e ás 19.00 horas.

Haberá prazas limitadas e cada grupo estará formado por un máximo de 15 persoas. A actividade será totalmente gratuíta e as inscricións poderán realizarse a través dun formulario habilitado na páxina web do Concello.

Con esta actividade o Concello de Tomiño da continuidade ao programa deportivo do municipio ofertando un ano máis a modalidade de patinaxe nas súas Escolas Deportivas, unha actividade de balde cunha gran demanda por parte dos e das escolares da que poderán seguir desfrutando grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.