Tomiño acolle este domingo o III Desafío Terras de Turonio, con máis de 300 participantes

Turonio cartel16 Final PQ (Copy)A proba de larga distancia preséntase como a gran maratón BTT por parellas do norte de España

As inscricións estarán abertas ata o 30 de abril, aínda que xa hai máis de 300 participant

Tomiño acolle o vindeiro domingo, 15 de maio, o III DESAFÍO TERRAS de TURONIO. A competición será, por terceiro ano consecutivo, a gran cita do ciclismo de montaña de longas distancias. Unha proba de BTT-Maratón por parellas que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, e na que está previsto que participen perto de trescentos deportistas.

A competición foi presentada esta mañá no Concello de Tomiño coa presenza do concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, a concelleira de Turismo, Patrimonio e Mocidade, Fátima Rodríguez, e o responsable da organización da proba, Javier Sánchez.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o centro neurálxico da organización estará situado na tomiñesa Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado de 110 quilómetros polas serras de O Argallo e da Groba, entre a ría de Vigo e o Río Miño.

Na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características que hai en Galicia, e tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha data destacada no calendario a nivel nacional.

Segundo o regulamento, os compoñentes das parellas que forman cada equipo, deben permanecer en todo momento a unha distancia máxima de dous minutos entre ambos, debendo presentarse xuntos na liña de meta. Esta circunstancia obrígalles a desenvolver esforzos similares e a colaborar entre eles en caso de contratempos. As parellas participantes poden ser masculinas, femininas ou mixtas.

Coma indicaron os organizadores durante a presentación da proba, “a beleza do percorrido e o reto de completar unha proba destas características animou a varios participantes de Portugal e algúns dúos de Castela-León e Asturias, entre outras comunidades”.

 

Aspectos técnicos

1. Categorías

Segundo explicaron os organizadores, haberá 5 grupos de idade para os participantes na modalidade de parellas:

Masculina: Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior a 75 anos.

Feminina: Con licenzas da categoría feminina.

Mixta: Cando os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.

Veteráns: Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 75 anos.

Centenarios: Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 100 anos.

. Poderanse confeccionar equipos aínda que a categoría ou o equipo que figura na súa licenza sexa distinto.

. Os participantes individuais dividiranse en masculino e feminino.

. Recibirán obsequio os mellores tempos de cada grupo de idade e individual.

. Recibirán tamén obsequio o equipo máis afastado e o de maior idade.

 

2. Inscricións

.As inscricións ábrense o 15.01.2016 e pecharanse o 30.04.2016. Non se admitirá ningunha inscrición con posterioridade a esta data. Estas realizaranse directamente na web www.magmasports.es

.Prezo de inscrición por equipo:

– 40,00 desde o 15.01.2016 ao 15.02.2016.

– 50,00 desde o 16.02.2016 ao 14.04.2016.

– 60,00 desde o 15.04.2016 ao 30.04.2016.

.Prezo de inscrición individual:

– 20,00 desde o 15.01.2016 ao 15.02.2016.

– 25,00 desde o 16.02.2016 ao 14.04.2016.

– 30,00 desde o 15.04.2016 ao 30.04.2016.

.O prezo da licenza de 1 día é de 10,00 por corredor.

3. Toma de tempos

.Todos os equipos levarán un transponder para medir os tempos. A non devolución do mesmo penalizarase con 15,00 euros por persoa.

.O tempo de carreira de cada equipo marcarao o corredor que entre en segundo lugar en meta.

4. Identificación participantes

.Os participantes deberán mostrar a súa placa de bicicleta en todo momento. Esta non pode ser modificada nin mutilada de ningunha maneira.

.O número de placa outorgarase por rigorosa orde de inscrición excepto os 15 primeiros equipos que os asignará a organización.

5. Postos de control

.Establécese un tempo mínimo de paso no km.83 de 7h00′. Os equipos que pasen por encima dese tempo serán desviados e completarán un percorrido de 89 km. no canto do 113 km. da ruta longa.

.Os participantes na modalidade de equipos deberán permanecer durante o percorrido a unha distancia máxima entre ambos de 2 minutos. Na liña de chegada han de presentarse xuntos.

.Os equipos que incumpran a norma de separación máxima serán penalizados con 5 minutos.

.Os postos de control serán secretos.

6. Avituallamento/Zona técnica

.A organización sinalizará zonas técnicas para os equipos. Esta será tamén a zona de avituallamento.

NORMAS DE CIRCULACIÓN.

.Os participantes do DESAFÍO TERRAS de TURONIO deben rexerse polas normas de circulación nos tramos de estrada e circular sempre pola dereita da calzada e baixo ningún concepto recortar nas curvas.

MEDIO AMBIENTE E ÉTICA.

.Os participantes deben respectar o medio ambiente en todo momento. Arroxar lixo ou circular fóra das pistas ou carreiros será penalizado coa exclusión da proba.

.Espérase de todos os corredores un espírito deportivo durante a proba.

 

7. Comité de competición

.Calquera outra circunstancia da proba será resolta polo comité de competición composto polo director de carreira e o comité de árbitros.

 

Inscríbeche aquí