Tomiño acolle por sétimo ano o festival internacional Minho Reggae Splash

O Espazo Fortaleza de Goián, á beira do río Miño será o emprazamento do evento musical que tamén contará con varias actividades paralelas

Con máis comodidades, máis espazo e rodeados de natureza, regresa o vindeiro fin de semana o festival Minho Reggae Splash, que por sétimo ano será o encargado de pechar a tempada festivaleira.

Dous días cheos de talleres, conferencias, actividades deportivas e artísticas, espectáculos, feira de artesanía e, por suposto, moito reggae. Bandas internacionais e nacionais que converterán unha vez máis o Baixo Miño en referente do reggae nacional.

 

O festival Minho Reggae Splash celebra a súa sétima edición no concello de Tomiño, na parroquia de Goián, como vén facendo desde fai catro anos. Nesta edición cunha nova localización para o recinto de concertos que estará situado a poucos metros do Espazo Fortaleza, á beira do río, con praia fluvial, zona de descanso, aparcadoiro e todas as facilidades necesarias para pasar un fin de semana gozando da música e das actividades que nos propón a asociación viguesa, que leva traballando na promoción e difusión da música xamaicana desde fai sete anos.

Poderase gozar dos concertos, de todas as actividades e da zona de acampada por 25 euros. Este é o prezo do abono reducido de dous días que dá dereito a participar en todas as actividades e acceso ao recinto de concertos.

Aqueles que queiran ir só un dos dous días, poderán facelo por 15 euros. A entrada tamén poderá adquirirse no propio recinto do festival por 29 euros os dous días.

Actividades para todos os públicos e todas as idades. Unha das características principais do Minho Reggae Splash é a diversidade de público que atrae. Desde os máis pequenos da casa até os máis maiores, aqueles que son uns apaixonados da música como os que queren pasar un fin de semana diferente. Isto conséguese grazas á variedade e calidade das actividades que se programan, todas elas dirixidas por persoal especializado no sector e con temáticas innovadoras que non contan cunha difusión maioritaria.

 

Os CONCERTOS MERGÚLLANSE NA NATUREZA

Rodeado de árbores, na beira do río, con Vila Nova de Cerveira en fronte, nun espazo máis accesible e cómodo, así é como se presenta este ano o novo recinto de concertos, que se traslada a poucos metros da que fora a súa localización habitual, o Espazo Fortaleza.

Coa finalidade de facilitarlle ao público o acceso ao festival e a participación nas actividades programadas ao longo do fin de semana, o recinto, este ano sitúase a poucos metros da zona de acampada e no seu interior celebrarase a feira de artesanía e disporase de postos de comida.

Tamén se achegan as actividades da programación paralela ao público, e para iso habilitarase un set próximo á zona de descanso.

 

CONCERTOS

VENRES

23.00 High Paw

00.30 Ganjahr Family

02.00 Transilvanians

03.15 Dub Corner: Real Rockers e Junior Dread

SÁBADO

22.15 Bush Doctors

23.45 Angatu

01.15 Vivian Jones

02.45 The Tuff Lions

04.00 Dub Corner: Webcam Hi-Fi Zion Irie

 

 

PROGRAMACIÓN PARALELA

TALLERES

12.00 a 13.00 Ruta: ?Biodiversidade non Esteiro do Miño?

13.00 a 14.00 Ioga e Tai Chi

14.00 a 15.00 Iniciación á meditación

 

ESPECTÁCULOS

13.00 a 21.00 Bababoom Soundsystem

17.00 a 18.00 Maxia co mago Eloy

19.00 a 20.30 Espectáculo circense “Makinolas presents The

Galician Mistic Cabaret”

20:30 a 21:30: Session Nyabinghi por “Tuff Lions”

 

CHARLAS

15.00 a 16.00 Charla e degustación cervexa artesá

16.00 a 17.00 Federación de Asociacións Cannábicas

18.00 a 19.00 Banco de Sementes Autóctonas de Galicia

 

Máis información:

dossier minho reggae 2016