Tomiño acolle un curso básico de Protección Civil A acción está dirixida a unha vintena de novos voluntarios de agrupacións do Sur de Pontevedra

O Concello de Tomiño acolle esta fin de semana un curso básico de Protección Civil, ao que asisten 23 persoas de agrupacións de voluntarios e voluntarias  das comarcas pontevedresas do Baixo Miño, Val Miñor e Condado-Paradanta, entre outras.

Un total de 32 horas lectivas presenciais, comezaron hoxe a impartirse no salón de plenos do Concello de Tomiño, e continuarán mañá e os días 3, 4 e 10 de novembro en horario de mañá e tarde.

O curso, inaugurado esta mañá polo Xefe de Área de Protección Civil Pontevedra, Alejandro Medeiros, divídese en dúas partes (unha teórica, de 22 horas, e outra práctica, de 10), que permitirán ás persoas asistentes, adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil, coma os riscos, accidentes e métodos de autoprotección; loita contra incendios, actuacións básicas ante emerxencias médicas, etc.



X