
05 Nov 2018 Tomiño adhírese, por segundo ano consecutivo, á campaña # EnNegroContraAsViolencias Trátase dunha acción colectiva de denuncia fronte á violencia machista para conmemorar o 25 de novembro
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Tomiño adhírese á campaña # EnNegroContraAsViolencias
Trátase dunha ACCIÓN COLECTIVA DE DENUNCIA FRONTE Á VIOLENCIA MACHISTA, polo que se espera a participación cidadá, tinguindo de negro os espazos (bares, tendas, vehículos…), vestindo de negro o día 25 de novembro, pintando desa cor as páxinas web e REDES SOCIAIS e difundindo as fotos.
Pódese atopar toda a información da campaña e descargar as imaxes na páxina: https:// ennegrocontraasviolencias. gal (galería). Nos vindeiros días comezarase co reparto de material.
Aínda que o Día Mundial contra a Violencia de Xénero é o día 25, domingo, o acto oficial celebrarase o día 23, venres, ás 12.00 horas na Praza do Seixo. Convídase á cidadanía a asistir a este acto, no que se lerá o manifesto, vestida de negro.
TODAS E TODOS CONTRA O TERRORISMO MACHISTA!!!
# ennegrocontraasviolencias # galiciaennegro # TomiñoEnNegro