Tomiño alberga a última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica Será este sábado 26 no Espazo Fortaleza de Goián

O Espazo Fortaleza de Goián alberga este sábado a quinta e última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, recta final que tras varias xornadas de competición lideran os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento.

Tras as citas deportivas de Tui, A Guarda, Portosín e Outes, a competición foise decantando do lado coruñés, que dende o principio marcou o ritmo liderando o autonómico. Non obstante, a última palabra a teñen as augas do Miño, irmandadas por España e Portgal e que esta fin de semana serán testemuñas do desenlace final deste Campionato Galego Inclusivo, que organiza a Federación Galega de Motonáutica en colaboración co concello tomiñés.

A unha distancia aproximada lles seguen o caixón do podio provisional da clasificación xeral os vigueses Álvarez Camiña e Davila Piñeiro, sendo bronce os tudenses Carlos Estévez e Oswaldo Davila. Especial atención haberá que poñer tamén en pilotos como o local Marcos Casaleiro e o sadense Carlos Facal.

Co arranque programado ás 10.30 horas, piloto e copiloto terán que enfrontarse a unha serie de probas de destreza, nun circuíto marcado por boias fondeadas sobre as que terán que trazar un percorrido con diversas dificultades e que serán desveladas no último momento p olo Comité de Xuíces da Federación Galega de Motonáutica.