Tomiño apúntase á risoterapia cun novo curso da Escola Eurural

Tomiño apúntase á risoterapia cun novo curso da Escola Eurural

Tomiño apúntase á risoterapia cun novo curso da Escola Eurural

Organizado por Galicia Suroeste, impartirase do 18 de setembro ao 18 de decembro na sede de Vontade. Inscricións abertas na web do grupo de desenvolvemento rural

Tomiño apúntase á risoterapia cun novo curso da Escola Eurural que ven de reactivar o grupo de desenvolvemento rural Galicia Suroeste, unha ferramenta para ofrecer formación de diversos ámbitos nos concellos que forman parte da entidade.

Nesta ocasión, organiza xunto a asociación Vontade unha acción formativa de risoterapia, a proposta da Mesa Sectorial de Muller do GDR, presidida por Susana Rodríguez, en representa da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR.

En Tomiño a actividade será impartida nas instalacións de Vontade, desde o 18 de setembro ata o 18 de decembro en horario de 18:00 a 20:30 horas.

Para poder participar nos cursos é necesaria facer inscrición previa na web galiciasuroeste.gal. A actividade será de balde, cun custe de inscrición de 7,00€.

Os cursos están enmarcados dentro do Programa + Xuntas da Deputación Provincial de Pontevedra, polo que está destinado preferentemente a mulleres. A inscrición pode realizarse en https://galiciasuroeste.gal/proxectos/curso-de-risoterapia