Tomiño celebra activamente a Semana e o Día da Infancia con diferentes actividades O auditorio de Goián acollerá maña un Pleno Infantil, no que participarán todos os coles e o IES. Será ás 11.00h. para tratar específicamente temas de Medio Ambiente

Esta semana celébrase a XI Semana coa Infancia, dende este luns e ata o domingo 21 de novembro. Con ese fin Tomiño asistíu este martes ao IX Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia- UNICEF.
🧑👧 Javier Lluch (12 anos) e Laura Teixeira (11 anos), do noso Consello “Voces Novas”, asistiron acompañados pola concelleira de Mocidade e Participación Infantil e a coordinadora.
O obxectivo era fomentar a súa participación e recoller as súas achegas e suxestións en temas de medio ambiente e sostenibilidade. 💦🌈🌞🌲
Só en Galicia xa somos 10 as localidades recoñecidas como Cidades Amigas da Infancia por UNICEF (Tomiño desde o 2018).
Porque cada vez os gobernantes toman máis consciencia da importancia de contar coa opinión da infancia e da mocidade para crear políticas que dean solución ás diferentes dificultades ás que se enfrontan este colectivos, desde o consenso e a colaboración.
Até a Xunta tramita o Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente para protexer os dereitos da infancia e da adolescencia, e que estará conformado polos participantes nas comisións locais que pertenzan ao programa Cidades Amigas da Infancia (Castrelo de Miño, Teo, Cabanas, Carnota, Moeche, Redondela, Tomiño, O Porriño e Ourense e Ponteareas, máis os que se vaian sumando).
📌Tomiño celebrará mañá venres, 19 de novembro, un pleno infantil no auditorio de Goián, no que participarán todos os coles e o IES, ademais dos políticos locais e membros de Voces Novas. Será ás 11.00h. para tratar específicamente o tema: “Medio ambiente: propostas para que Tomiño sexa un concello máis sostible”.
E a fachada do Concello luce unha pancarta conmemorativa do Día da Infancia, que é o sábado 20.