Tomiño celebra o sábado 25 de marzo, a súa terceira Gala do Deporte. Será no auditorio de Goián a partir das 20.30 horas.

Entre as novidades desta 3ª gala, figura un premio relacionado cos valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “unha vida adicada o deporte”.

 

O vindeiro sábado, 25 de marzo, celebrarase a III Gala do Deporte en Tomiño. No acto, que terá lugar no Auditorio de Goián, ás 20.30 horas, farase entrega de diferentes premios aos deportistas destacados durante o último ano.

 

Entre estes galardóns están, coma vén sendo habitual, os de mellor deportista masculino e feminino, e mellor evento deportivo ou deportista con maior proxección de Tomiño.

Entre as novidades desta 3ª gala, figura un premiorelacionado cos valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “unha vida adicada o deporte”.

 

Coma nas edicións anteriores, o encargado de presentar a gala, será Terio Carrera, nesta oportunidade, acompañado polo actor “Pepo os Suevos”.