Tomiño celebra este venres un novo concerto do Son da Praza, coa Agrupación Musical de Goián e o grupo de música tradicional “Pelepau” Un espectáculo gratuito de gran calidade, cheo de sorpresas e colaboracións

Dentro do ciclo “O Son da Praza”, o Concello de Tomiño ofrece este venres, a partir das 22.30h, un novo concerto para todos os públicos. Trátase da Agrupación Musical de Goián, que actuará acompañada do grupo de música tradicional Pelepau e a súa percusión nun concerto moi especial bautizado coma “Pelepau Sinfónico”. Un espectáculo gratuito de gran calidade, cheo de sorpresas e colaboracións.