Tomiño celebra un seminario de emprego na busca de oportunidades para innovar e aprender As xornadas están orientadas á mocidade de Tomiño e Vila Nova de Cerveira con proxectos emprendedores ou persoas desempregadas que precisen reciclarse

O Concello de Tomiño organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) unhas “XORNADAS DE EMPREGO E INNOVACIÓN COLABORATIVA”, que terán lugar do 18 ao 21 de setembro de 2018.

Trátase dunhas xornadas, de balde, destinadas á mocidade de Tomiño e Vila Nova de Cerveira con proxectos emprendedores, persoas desempregadas ou non, que desexen converterse en axente activo do territorio a través de proxectos de emprendemento, sociais e/ou culturais.

A idea é a de conectar ideas e persoas, acompañando a emprendedores, empresas e institucións na procura de solucións innovadoras para desenvolver marcas, produtos, servizos ou ferramentas relevantes para o crecemento dun negocio actual , e sensibilizar sobre as oportunidades que as persoas emprendedoras poden topar nos sectores asociados ao mundo rural, a través da innovación e a creatividade.

Durante catro días, as persoas anotadas participarán de forma activa nos seguintes obradoiros:

Análise das tendencias no mundo rural; Novas formas de relación e colaboración entre empresas; Espazos de traballo colaborativos; Innovación centrada nas persoas; Novos modelos de financiación alternativa; Novas ferramentas na busca de emprego, e unha sesión entre empresas e persoas desempregadas.

INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN NO ENLACE:  https://tomino.gal/xornadas-de-fomento-do-emprendemento/

Por outra banda, continúa aberto o prazo de inscrición dos cursos:

  1. “FALADOIRO DE INGLÉS”: https://tomino.gal/curso-faladoiro-de-ingles/;
  2. OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CÓCTEIS SEN ALCOHOL: https://tomino.gal/obradoiro-de-cocteis-e-bebidas-sen-alcohol/
  3. LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA: https://tomino.gal/curso-lingua-de-signos/