Tomiño celebrou esta fin de semana a IV Gala do Deporte cunha ducia de premios e varias mencións especiais O Auditorio de Goián quedouse, unha vez máis, pequeno para albergar ao público que non quixo perderse o evento

O Concello de Tomiño celebrou esta fin de semana a 4ª edición da Gala do Deporte; un acto no que se recoñeceu una ano máis, o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo de 2017.

Os galardóns e recoñecementos atenderon a varias categorías que foron dende o mellor evento deportivo á mellor deportista masculino e feminino absolutos. Estes premios recaeron no piragüista Roi Rodríguez, recentemente seleccionado para o campionato europeo, e Elena Cañibano, respectivamente, aínda que estes tiveron que compartir o galardón con outros dous deportistas. Deste xeito, Rubén Millán e Brais Castro, foron distinguidos, respectivamente, coma 2º e 3º mellores deportistas masculinos absolutos. E Iria Rodríguez e Anahí Álvarez, 2ª e 3ª mellores deportistas femininas absolutas.

Durante a gala, que contou coa actuación de Federico Pérez, actor de programas e series da TVG, e dun grupo de danza contemporánea, distinguiuse tamén o mellor adestrador, promesas masculino e feminina, mellor equipo de fútbol, premio afán de superación, mellor equipo base, e mellor evento deportivo.

Ante un auditorio cheo de persoas, o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, salientou a vontade do equipo de goberno de “premiar ao deporte tomiñés e por en valor o esforzo levado a cabo por clubs e deportistas ao longo do último ano”.

A alcaldesa, Sandra González, pola súa banda, agradeceu a labor do seu compañeiro e de “todas as persoas que fan posible que o deporte de base sexa máis importante cada día”.

 

Listaxe de premios:

MENCIONS ESPECIAIS:

-GOIAN FC. (Ascenso a segunda)

-CADETES AD TOMIÑO

-ALEVINS AD TOMIÑO (campións de copa)

-SAN XEROME (subcampionas da liga galega de baloncesto feminino)

-CHARLI LOPEZ (campión galego Kick-boking, elite -69 quilos)

-EQUIPO PUMUKI RACING

-ADRIAN VAZ (KARTS)

 

PREMIO ENTIDADE QUE COLABORA CO DEPORTE

AGRUDEBAM (pola súa implicación co deporte base)

 

PREMIO EVENTO DEPORTIVO

DESAFIO TURONIO

 

PREMIO AFAN DE SUPERACIÓN

SEN AMARRAS (Proba de slalom motonáutica do II campionato galego integrador)

 

PREMIO VIDA ADICADA O DEPORTE

DAVID CASTRO, piragüista e adestrador do Club Deportivo Miño Os Teixugos (a título póstumo)

 

MELLOR EQUIPO CLASIFICADO

TOMIÑO FEMININO

 

PREMIO MELLOR ADESTRADOR

JAVIER SIERPES (ATLETISMO TREGA)

 

PREMIO ESCOLA BASE DE TOMIÑO

ATLETISMO TREGA.

 

DEPORTISTA MASCULINO CON MAIOR PROXECCION

MASCULINO: 1º HUGO DOMINGUEZ LINDO. Atleta e xogador de Bádmington.

(2ºSAMUEL CASTRO, piragüista, E 3º IKER AMOEDO, atleta)

 

DEPORTISTA FEMININA CON MAIOR PROXECCION

FEMININO: 1ª CANDELA FERNANDEZ, remeira.

(2ªAINHOA BARREIROS, piragüista Os Teixugos, E 3ªNEREA ROMERO, judoka)

 

PREMIO DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO

1ºROI RODRIGUEZ (2ºRUBEN MILLAN E 3ºBRAIS CASTRO). Piragüistas.

 

PREMIO DEPORTISTA FEMININO ABSOLUTO

1ªELENA CAÑIBANO, judoka.

(2ªIRIA RODRIGUEZ, triatleta, E ANAHI ALVAREZ, patinadora artística)