
12 Mar 2019 Tomiño celebrou esta fin de semana a V Gala do Deporte cunha ducia de premios e varias mencións especiais O piragüista Rubén Millán e a triatleta Iria Rodríguez, resultaron mellores deportistas absolutos
O Concello de Tomiño celebrou esta fin de semana a 5ª edición da Gala do Deporte; un acto no que se recoñeceu una ano máis, o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo do último ano.
Os galardóns e recoñecementos atenderon a varias categorías, que foron dende o mellor evento deportivo, á mellor deportista masculino e feminino absolutos.
Estes últimos recaeron no piragüista Rubén Millán e na triatleta Iria Rodríguez, respectivamente.
Roi Rodríguez e Brais Pereira, foron distinguidos, respectivamente, coma 2º e 3º mellores deportistas masculinos absolutos, e Elena Cañibano e Zaida González, 2ª e 3ª mellores deportistas femininas. (Resto de premios, no listado).
A gala, presentada por Terio Carrera, contou coa actuación de Pepo Suevos, (actor de programas e series da TVG), e dun grupo de danza contemporánea. Durante a celebración do evento distinguiuse tamén o mellor adestrador, promesas masculino e feminina, mellor equipo de fútbol, premio afán de superación, mellor equipo base, e mellor evento deportivo.
Como novidade desta quinta edición, celebrouse unha xornada multideporte para a infancia, onde nenos e nenas puideron practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.
Pecharon a gala os premios aos deportistas con maior proxección deportiva e o premio aos mellores deportistas masculino e feminino absolutos.
A Concellería de Deportes, que dirixe Ismael Troncoso, salientou a importante presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, que se deron cita nesta quinta gala para render homenaxe a todas as persoas deportistas de Tomiño e especialmente ás que sobresaíron durante o último ano.
Ante un auditorio abarrotado de público, Troncoso lembrou a vontade do equipo de goberno de premiar ao deporte tomiñés e por en valor o esforzo levado a cabo por clubs e deportistas da vila.
A alcaldesa, Sandra González, pola súa banda, agradeceu a labor do seu compañeiro de equipo e de todas as persoas que fan posible que o deporte de base sexa máis importante cada día.
Listaxe de premios:
MENCIONS ESPECIAIS
-Xuvenís e infantil AD Tomiño
-Tomiño Feminino de F7
-Equipo Spartan Team
-Benxamís Club de Atletismo Trega de Tomiño
-Equipo Pumuky Racing
-Óscar Álvarez (Rally)
PREMIO ENTIDADE QUE COLABORA CO DEPORTE
ACANOR
PREMIO A IGUALDADE NO DEPORTE
Jonathan Martínez (organizador dun evento de defensa persoal feminina)
PREMIO AFÁN DE SUPERACIÓN
San Xerome Emiliani
PREMIO MELLOR EQUIPO
Goián FC
MELLOR ENTRENADOR
Pablo Pousa e Emilio Rodríguez do Club Deportivo Miño-Os Teixugos
MELLOR EQUIPO BASE
Club Atletismo Trega de Tomiño
PROMESA MASCULINO MAIOR PROXECCIÓN
Adrián Millán (Tiro con arco)
PROMESA FEMININO MAIOR PROXECCIÓN
Candela Fernández (Piragüismo)
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO
1.Rubén Millán (Piragüismo)
3°campeonato do mundo k4 1000m.
3°campeonato de Europa k4 1000m.
1°campeonato España k4 1000m.
1°campeonato España k4 500m.
1°campeonato España k2 1000m.
MELLOR DEPORTISTA FEMININO ABSOLUTO
1. Iria Rodríguez (Triatlón)
3ª Campionato Galego Absoluto de Inverno, en natación 4×100 estilos
12ª na Copa de Europa Triatlón
2ª Copa de Europa Triatlón
1ª Campionato de España por clubs e por relevos
3ª Campionato de España de Acuatlón
47 Campionato do Mundo de Triatlón
1ª Campionato de España Triatlón por relevos