Tomiño conmemorou as Letras Galegas cunha instalación dedicada a Xela Arias e un gran concerto da Agrupación Musical de Goián Grazas ao grupo de voluntariado municipal, houbo tamén actividades e xogos online organizados pola OMIX

Grazas ao bo tempo, Tomiño foi quen de celebrar o Día das Letras Galegas cunha instalación artístico-pedagóxica (ENTRELAZOS DA MEMORIA) dedicada a Xela Arias, na céntrica Praza do Seixo, a carón do Concello, e un gran concerto da Agrupación Musical de Goián, ás 12 do mediodía.

Ademais, entre as 9.30h a 13.30h houbo CDs e libros en galego, cun 40% de desconto. Tamén, grazas ao grupo de voluntariado municipal, diversas actividades e xogos online divertidos pero tamén formativos, organizados pola OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), cun pdf interactivo, que colgamos máis abaixo.
As persoas que queiran ampliar a información sobre o proxecto “Entrelazos da Memoria”, na que participaron os centros de ensino do municipio, teñen aquí o link do vídeo explicativo da instalación ( https://fb.watch/5y4F-Z21Z7/ ).
ACTIVIDADES: