
17 Set Tomiño contra o triple feminicidio de Valga Concentración este mércores 18 de setembro ás 12.30 h na Praza do Seixo
Tomiño súmase este mércores 18 de setembro aos actos de repulsa polo terrible triple feminicidio acontecido en Valga. Será cunha concentración ás 12.30 h na Praza do Seixo, diante da Casa do Concello.
De xeito adicional, Tomiño súmase tamén á concentración prevista para ás 20.30 h na Praza do Reló da Guarda.
Agardámosvos a todas e todos nestes actos de loita contra a violencia machista!