Tomiño crea un Club de Lectura Xuvenil A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) xestionará a entidade a través do grupo de voluntariado local

Dende a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Tomiño vén de crear un CLUB DE LECTURA XUVENIL que terá lugar os primeiros venres de cada mes en horario de 16.30h a 17.30h

A través do seu programa de voluntariado local, a entidade quixo conmemorar o día do libro 2022 con esta actividade, gratuíta, dirixida especialmente á mocidade de entre 18 e 35 anos . A idea é propor lecturas de diferentes temáticas, moi interesantes para o público xuvenil. As persoas voluntarias a cargo desta actividade van, así mesmo, a fomentar o uso da lingua galega, a lectura e o pensamento crítico.

 A actividade levarase a cabo na OMIX de Tomiño dende o mes de maio de 2022 ata final de ano. Para inscribirse: https://tomino.gal/club-de-lectura-xuvenil-2022/

Por outra banda, a OMIX organiza un curso monográfico de cociña para estudantes e mocidade en xeral, que será impartido no Mercado Municipal de Tomiño. Co nome “Non pases fame na universidade”, os/as asistentes recibirán formación especialmente sobre cociña rápida e saudable e cociña de aproveitamento. Ademais, aprenderán a xestionar o aforro á hora de mercar e métodos de conservación das elaboracións dun xeito práctico.

Para anotarse: https://tomino.gal/curso-monografico-de-cocina-para-a-mocidade-non-pases-fame-na-universidade/

Data de inicio: sábado 18 de xuño
Horario: sábado de 10.30h a 13.30h
Idade: a partir de 16 anos
Lugar: Mercado de Tomiño
Prezo: 10€