Tomiño desinfecta as zonas rurais ademais dos núcleos urbanos Nas tarefas de limpeza participan tanto a empresa concesionaria, coma operarios municipais e varias empresas voluntarias

O Concello de Tomiño avanza na desinfección das zonas rurais , co apoio de Urbaser, operarios municipais e tamén de empresas que apoian cos seus medios de forma voluntaria.

Deste xeito, a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Belén Casaleiro, xa ten desinfectado os contenedores de tódalas Parroquias (exceptuando algunha zona de San Salvador e aforas de Tomiño)

A empresa concesionaria, ademáis de desinfectar nos centros de Seixo e Goián, ocupouse de desinfecctar contenedores en Santa María de Tebra, San Salvador, Vilameán, Pinzás, Cristelos e Barrantes.

Tamén a zona de Vilachán de Tomiño e lugares de moita afluencia de persoas (tendas, estancos,etc.).

Hoxe seguiron desinfectando co camión grande (12.000l) polos núcleos urbanos, centro médico e as parroquias de Sobrada e Piñeiro.

Por outra banda, “o que fixo posible chegar á práctica totalidade do municipio nesta semana” sesalta a concelleira, foi a realízación de forma simultánea de tarefas de desinfección por parte de empresas voluntarias, que puxeron á disposición tractor con depósito e conductor, coma os que seguen:

Manolo de Pastelería Flor y Nata: que este xoves foi, acompañado por persoal do concello, pola zona da Salgosa. Dende o colexio Pedro Caselles ata a capela de San Omedio, e baixaron ata a Casa Social de Estás.

Alfonso Pazos Casal: Desinfectou os contenedores de Taborda. 

Nair Rolán (Veigas do Miño s.l.): Mandou este xoves un operario, guiado por persoal do concello, por Carregal. O operario seguiu o venres por Amorín.

Quin de Goián (Viñedos): Hoxe venres tivo todo o día un operario, cun traballador do Concello, desinfectando as zonas das aforas de Goián. E tamén por Estás e Figueiró.

José Cal (Martín Codax): Hoxe venres, pola tarde, cun traballador do Concello, encargouse da zona de Forcadela.

Hai máis voluntarios dispostos a axudar: José Torres (Altos de Torona) e socios de ACUBAM. A concelleira de medio ambiente porase en contacto con eles, para algunha zona que queda sen cubrir ou se fai falta unha segunda pasada.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, fai público o seu agradecemento a todos e todas as persoas e empresas que prestan os seus servizos para esta importante labor, amosando responsabilidade e solidariedade con toda a cidadanía, e anima á veciñanza a actuar de igual forma, quedándose na casa e cooperando todo o posible para minimizar o risco de contaxio.