Tomiño e Cerveira celebran a súa 2ª andaina saudable A proba, de dificultade moderada, será o domingo 16 de xuño e transcorrerá por terras de ambas as localidades. Servirá para conmemorar os 15 anos de apertura da ponte internacional

En conmemoración dos 15 anos da apertura da Ponte Internacional da Amizade, entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a II Andaina do mesmo nome, o domingo 16 de xuño de 2019.

A proba terá unha duración estimada de 2.30h e transcorrerá por terras de ambas as localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10.00h (hora galega) desde o Espazo Fortaleza de Goián, para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL, e regresar polo Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza outra vez.

A inscrición é de balde. Só hai que enviar nome e apelidos, número de DNI, data de nacemento e teléfono ao seguinte correo electrónico: geral.manos.sa@gmail.com, antes do 13 de xuño.