Tomiño e Cerveira validan de maneira oficial o proceso do Orzamento Participativo

  • Estúdase a creación da figura do “Valedor da Cidadanía Transfronteiriza”
  • A finais do mes de marzo presentaranse as accións do ano próximo

 

O Comité de Xestión Estratéxica Tomiño-Cerveira, ente encargado de supervisar as accións contidas dentro da Axenda Estratéxica de Cooperación, celebrou hoxe no Concello de Tomiño, unha xunta de carácter ordinario, co fin devalidaro proceso do Orzamento Participativo Transfronteirizo.

 

Integrado pola alcaldesa Sandra González, o presidente da Cámara de Vila Nova, Fernando Brito Nogueira, e técnicos de cooperación, o comité analizou un informe técnico do proceso de votación, fixando medidas para mellorar o nivel de participación da cidadanía e institucións, no próximo orzamento conxunto.

Asemade, decidiuse formar unha comisión promotora que se encargará de executar os tres proxectos escollidos polos cidadáns de Tomiño e Cerveira, e determinar a metodoloxía a utilizar polos grupos de traballo, para levar a cabo as accións previstas no primeiro Orzamento Participativo, nas áreas de Educación, Cultura e Deporte.

 

No segundo punto da Orde do Día, aprobouse unha “Carta de Principios do Valedor da Cidadanía Transfronteiriza”, unha nova acción de cooperación que será posta en marcha ao longo deste ano, previa aprobación da mencionada carta por parte das corporacións municipais de cada municipio.

 

En terceiro e último lugar, aprobouse o programa de actividades conxuntas 2017.

 

Todas estas accións serán presentadas de forma pública nun acto que se celebrará a finais do mes de marzo.