Tomiño e Vila Nova de Cerveira disfrutaron este fin de semana da arte ao aire libre. Certame de pintura ao Aire Libre Antonio Fernández chega este domingo á súa 7ª edición. Rafael Carrascal de Toledo fíxose co primeiro premio, o segundo foi para Leticia Gaspar de Bilbao e o terceiro para Antonio Lorenzo de Mondariz.

O pasado domingo celebrouse a sétima edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández con máis de 50 participantes procedentes de diferentes lugares.

O Certame naceu no ano 2012 froito da programación do “Ano Antonio Fernández” iniciándose así unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada dentro e fora das nosas fronteiras.

Ademáis, como novidade, este ano o certame ampliou o seu percorrido a Vila Nova de Cerveira grazas a participación da Fundación Bienal de Arte de Cerveira formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño. Deste xeito, ambas vilas, Goián e Cerveira, foron retratadas polos ollos dos artistas que este domingo visitaron ambos municipios.

As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia fluvial de Goián da autoría de Rafael Carrasco de Toledo que se fixo co primeiro lugar. E os segundos e terceiro foron para Leticia Gaspar de Bilbao e para Antonio Lorenzo de Mondariz. O primeiro premio está  dotado con 1.500€ financiado polo Concello de Tomiño  e con 500€ o segundo e o terceiro, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e a Fundación da Bienal de Cerveira respectivamente.

As obras poderán visitarse nos próximos días estando a disposición dos interesados o contacto dos artistas para a súa venta. Ao longo desta semana, estarán expostas no primeiro andar do Centro Goianés e a vindeira semana na sede da Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira. A mostra  contará coas obras premiadas dando oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e novas figuras que veñen destacando a nivel peninsular.

A entrega de premios tivo lugar o domingo ás 18h30 e foron entregados pola Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e polo vereador da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Vítor Costa. Ambas autoridades destacaron “a grande calidade das obras exposta e o papel do certame como atracción artística na zona”. De feito, ambos coincidían na enorme expectación e o dinamismo existente durante a xornada en ambas vilas convertendo o Certame nunha festa da arte.