Tomiño estará na presentación da marca turística Río Miño A Deputación de Pontevedra e a CIM do Alto Minho presentarán a marca no parador de Tui o 13 de abril

O Concello de Tomiño asistirá á presentación da marca turística Río Miño, organizada pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, o vindeiro sábado 13 de abril, ás 12.15h no parador de Tui.

A creación dunha marca común para o territorio do Río Miño Transfronteirizo é unha das principais accións do proxecto de cooperación europea Visit Río Miño.

Programa do acto:

12.15h Recepción das e dos asistentes.

12.30h Desenvolvemento do acto.

13.30h Cóctel e actuación musical.