Tomiño forma en igualdade de xénero ao persoal do servizo de Benestar Social Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do “Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género”

 

 

 

Taller ESPECÍFICO sobre VIOLENCIA DE XÉNERO dirixido a PROFESIONAIS do ÁMBITO SOCIAL

-Actividade financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género-

-O obxectivo é capacitar ás técnicas de acordo cos protocolos de actuación ante vítimas de violencia de xénero

O Concello de Tomiño , a través do Servizo de Igualdade, organiza un obradoiro específico sobre violencia de xénero para o persoal do Departamento de Benestar Social do Concello. Os obxectivos específicos da actividade son os de facilitar a adecuación das intervencións profesionais aos principios básicos de actuación, ante vítimas de violencia de xénero, dende unha metodoloxía teórico-práctica.

Para elo, proporcionarase ás participantes un marco teórico e normativo en relación á violencia de xénero, vencellando tamén as experiencias profesionais das participantes aos conceptos  básicos sobre violencia de xénero.

O obradoiro lévase a cabo a partir de onte, en tres sesións consecutivas, que terán lugar os días 2, 3 e 9 de xullo, entre as 8.30 e as 11.00 horas.

Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do “Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género”.