Tomiño organiza un novo obradoiro de autodefensa feminista A actividade, organizada a través da Oficina Municipal de Igualdade, impartirase o sábado 8 de xuño en horario de mañá e tarde

O sábado 8 de xuño, celebrarase un novo obradoiro de autodefensa feminista, organizado polo Concello de Tomiño a través das oficina municipais de Igualdade e Información Xuvenil.

Esta actividade, moi demandada polas cidadás tomiñesas, será impartida en horario de mañá e tarde (10 a 13 e 16 a 19 horas) na Casa da Cultura, e está dirixida a mulleres a partir de 15 anos.

As prazas son 30 e as inscricións abríronse hoxe a través da web municipal (www.tomino.gal). Asemade, pode enviarse un correo electrónico a omix@tomino.gal, ou ben, chamar ao número de teléfono 986 622 001 en horario de 8 a 15.

A actividade é financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.