A banda de música de Goián celebra este domingo o seu aniversario, cun encontro na praza da parroquia

O pasado domingo a agrupación organizou o II Festival de Bandas Escola coa participación da Banda Xuvenil de Goián e como convidada a Banda Escola de Música de Tenorio (Cotobade)

A Banda de Música de Goián celebra o seu aniversario o vindeiro domingo, 26 de xuño, cun encontro na Praza de Goián, no que participarán as agrupacións infantil, xuvenil e sénior.

A cita será preto do mediodía na praza da parroquia goianesa.

A celebración completarase cunha churruscada para os compoñentes da agrupación musical, alumnos da escola e profesorado.

Por outra parte, o pasado domingo, a agrupación organizou o II Festival de Bandas Escola coa participación da Banda Xuvenil de Goián e como convidada a Banda Escola de Música de Tenorio (Cotobade). A cita foi na praza da igrexa e contou con grande afluencia de público.