Tomiño prepara a súa V Gala do Deporte O sábado 9 de marzo ás 20.30 horas, no Auditorio de Goián, o Concello premiará aos deportistas destacados durante o último ano

O Concello de Tomiño premiará aos deportistas, equipos, adestradores, clubs e asociacións máis destacados durante o último ano na V Gala do Deporte, que terá lugar o vindeiro sábado 9 de marzo no Auditorio de Goián.

A Concellería de Deportes, que dirixe Ismael Troncoso, da estes días os últimos toques á organización do evento, que na pasada edición distinguiu a unha ducia de persoas, entregando tamén sete mencións especiais.

Durante o evento entregaranse diferentes galardóns, coma o de mellor deportista feminina e masculino; mellor evento deportivo e deportista con maior proxección, entre moitos outros.

Coma vén sendo habitual, a gala contará tamén con actuacións especiais de artistas contemporáneos.

O concelleiro de Deportes de Tomiño salienta a vontade do equipo de goberno de premiar ao deporte tomiñés e por en valor o esforzo levado a cabo por clubs e equipos durante ás últimas tempadas, especialmente, no deporte de base.