Tomiño proxecta este venres o filme ‘María Solinha’ na praza do Seixo Posteriormente haberá un coloquio co seu director, Ignacio Vilar

Este venres ás 22:30h proxectarase na Praza do Seixo de Tomiño unha nova sesión de cine para persoas adultas, coa programación do filme “María Solinha”. Posteriormente haberá un coloquio co director da película, Ignacio Vilar, que contestará todas as preguntas das persoas asistentes.

Sinopse:
María Solinha foi acusada de bruxería no século XVII e condeada á fogueira. En época actual varios veciños e veciñas da vila ensaian unha representación teatral da súa historia. O paso do tempo non serviu para que cambien moito as cousas e a protagonista sofre ecos desagradables dos vividos daquela.

A entrada é DE BALDE e pode reservarse a través do correo cultura@tomino.gal ou do número de teléfono 986 62 20 01.