Tomiño recibe a visita do Presidente da Fegamp para coñecer de primeira man o modelo de xestión de auga • O Presidente, Alfredo García, interesouse polo traballo levado a cabo por Coxapo e o Concello de Tomiño que supón un exemplo a nivel europeo.

Tomiño recibiu esta mañá a visita do Presidente da Fegamp, Alfredo García, co fin de coñecer de primeira man o traballo das traídas de auga en colaboración co Concello de Tomiño en materia de xestión da auga.

O Presidente da Fegamp, foi recibido a primeira hora da mañá na Casa do Concello pola Alcaldesa, Presidente de Coxapo e representantes das traídas de Tomiño. Rafael Carrera, asesor de Coxapo, e María Xosé Vázquez, anterior concelleira de Medio Ambiente, fixeron unha presentación do traballo levado a cabo nos últimos anos en materia da xestión da auga e que hoxe son exemplo á nivel europeo.

 

María Xosé Vázquez explicou as actuacións municipais  en colaboración con coxapo e as traídas de Tomiño materializadas a través dunha liña de axudas competitivas con carácter plurianual destinadas a financiar proxectos para mellora dos sistemas de captacións de augas, de almacenamento e potabilización e da extensión sistemas de distribución de auga.

A actuación municipal ademáis, ten suposto outros investimentos e gastos asociados na mellora da transparencia e publicidade do estado das augas como son a potabilización obrigada das augas de consumo, e tramitacións que as comunidades de augas deben xestionar de forma obrigatoria. Unha actuación que engloba os controis obrigatorios da calidade das augas, os consumibles para a cloración e a elaboración de Protocolos Sanitarios ou inscrición no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo.

Unha labor conxunto que a Alcaldesa destacou como “un exemplo na xestión responsable dun ben de primeira necesidade tan importen como é a auga”. Sandra González fixo fincapé neste modelo de xestión como  solución para o rural. Un modelo que se está collendo de referencia noutros lugares e que naceu da vontade desinteresada dos pioneiros locais  que crearon redes de abastecemento veciñais. Un traballo que se perfeccionou a través das iniciativas de coxapo e que teñen suposto melloras salientables a nivel nacional e europeo.

O Presidente da Fegamp, acompañado do concelleiro de Servizos Públicos, Lois Váquez, o Presidente de Coxapo, Joaquín Pousa, e representates das traídas de augas de Tomiño, desprazouse a varias parroquias co fin de coñecer in situ o estado das comunidades de usuarios. As traídas escollidas foron as de Vilachán do Monte con 36 abastecidos e á 264 m de altitude, Mosteiro- Barrantes con 50 usuarios, Forcadela-Tomiño con 540 usuarios, Amorín con 232 beneficiarios, Estás con 250 usuarios e Torrón-Sobrada con 104.

 

Un percorrido por seis das trinta comunidades de usuarios que abastecen o municipio de Tomiño e que ofrecen unha visión ampla dos diferentes tipos de comunidade como a de maior altitude como Vilachán do Monte ou a máis grande do municipio como é a de Forcadela-Tomiño e das súas necesidades así como dos seus sistemas e diferentes solucións.