Tomiño recoñece o esforzo dos padeeiros Rubén Millán e Roi Rodríguez consagrados campións do Mundo e de Europa

Concello de Tomiño. Recepción piragüistas 9 Concello de Tomiño. Recepción piragüistas 6

Concello de Tomiño. Recepción piragüistas 8 Concello de Tomiño. Recepción piragüistas 2

Millán, de Sobrada, e Rodríguez, de Goián, pertencen ao Club Kayak Tudense. Acompañaron aos palistas os seus adestradores, compañeiros de club e familiares
Rubén Millán, Campión do Mundo en K-4 1.000 metros sub-23, e Roi Rodríguez, Campión de Europa sub-23 en K-1 1.000 metros, foron recibidos este mediodía na Casa do Concello de Tomiño.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada pola concelleira de Deportes, Cristina Martínez, presidiu a recepción oficial a estes dous grandes padeeiros do Club Kayak Tudense e veciños de Tomiño, entregándolles unha placa conmemorativa e unha axuda económica para a compra de material deportivo.

Acompañaron aos piragüistas homenaxeados os seus adestradores, Estéban Alonso e Manuel Pedrares, compañeiros de club e familiares.

A rexedora tomiñesa salientou o esforzo físico e económico que fan estes dous deportistas e as súas familias, grazas a cuxo apoio, é posible acadar éxitos tan importantes coma estes. Neste sentido, lembrou que o Concello da a partir deste ano, subvencións a deportistas destacados a nivel individual, das que poderán beneficiarse aqueles que as soliciten.

A concecelleira de Deportes, pola súa banda, reiterou o apoio incondicional do goberno local ao deporte de base e tamén ao de competición, especialmente en disciplinas no maioritarias, coma é o caso do piragüismo.

Concello de Tomiño. Recepción piragüistas 1 Concello de Tomiño. Recepción piragüistas 4

Rubén Millán conseguiu o ouro no Campionato do Mundo celebrado en Szeged (Hungría) nunha xornada histórica para o piragüismo galego, xunto aos seus compañeiros Javier Cabanin, Markus Walz e Juan González, a tripulación do K-4 1.000 metros, que logrou o triunfo.
Pertence ao Kayak Tudense, ten 21 anos, e a tempada pasada proclamouse sub-campión de Europa en K-4 1.000 metros. Nas últimas semanas estivo concentrado en Madrid no Centro de Alto Rendemento Joaquín Blume. Tamén acudirá ao Mundial sénior en Moscova o próximo mes de agosto. O Concello de Tomiño vén de concederlle unha subvención na categoría de deportistas individuais.

Roi Rodríguez regresou do Campionato de Europa sub-23 cunha medalla de ouro en K-1 1.000 metros e un quinto posto en K-1 500.
O padeeiro de Goián logrou a súa primeira medalla internacional despois de realizar un gran esforzo. Entre as previas, semifinais e finais disputou sete regatas en catro días.
Roi ten vinte anos e desde a categoría infantil pertence ao Kayak Tudense. Esta era a súa segunda experiencia internacional, especial por moitos motivos. En compañía de José Antonio, o seu pai, puido acudir ao Campionato de Europa.
Disputará o Campionato de Europa sénior en Brandemburgo (Alemaña) dentro duns días. Tamén ten unha praza para poder competir na proba de cincocentos metros.

Concello Tomiño. Recepción piragÜistas 13 Concello Tomiño. Recepción piragÜistas 14 Concello Tomiño. Recepción piragÜistas 18