Tomiño rende homenaxe a Castelao cun gran concurso de pintura mural

escribe post para redes sociales del concello do rosal, en gallego, breve, atractivo, con emoticonos, con un lenguaje que atrape al lector, que sea visualmente muy atractivo, teniendo en cuenta la siguiente info:

Tomiño rende homenaxe a Castelao cun gran concurso de pintura mural

Con este certame o Concello busca dar vida á figura e legado do escritor galego no 75 aniversario do seu pasamento cun mural na Avenida de República Arxentina

As persoas interesadas poderán enviar os seus portafolios do 1 ao 14 de setembro a cultura@tomino.gal

A memoria de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos grandes referentes da Galicia contemporánea, cobrará nova forza en Tomiño este 2025. O Concello pon en marcha o Concurso de Pintura Mural Castelao–Concello de Tomiño, unha iniciativa que conmemora o 75 aniversario do pasamento do narrador, ensaísta, debuxante, médico e político galego no Ano Castelao.

O certame pretende fomentar a creación artística e difundir a obra e pensamento de Castelao a través da realización dun mural na avenida República Arxentina. A convocatoria está aberta a todas as persoas maiores de 18 anos, profesionais do muralismo ou da arte plástica, de xeito individual ou en equipo, sen importar o país de residencia.

“Este concurso é unha oportunidade única para unir arte, memoria e identidade. Castelao é un símbolo da nosa cultura e do noso compromiso colectivo coa liberdade e coa dignidade de Galicia. Queremos que o seu legado viva nos nosos espazos públicos, que a súa figura fale tamén dende as paredes e rúas de Tomiño”, destaca a alcaldesa, Sandra González.

A rexedora subliña ademais a aposta estratéxica do Concello pola cultura como motor social e de cohesión, xa que “con iniciativas como esta, Tomiño dálle voz ás creadoras e creadores, promove a participación e fai da arte unha ferramenta de encontro. É unha maneira de que a veciñanza se sinta orgullosa do seu espazo e da súa historia”.

O proceso de participación desenvolverase en dúas fases: primeiro, a presentación dun dossier profesional que será avaliado por un xurado composto por persoas expertas, representantes do Concello e membros da Fundación Castelao; despois, a selección de 5 artistas finalistas, que recibirán 200 € en concepto de honorarios para elaborar unha proposta de deseño adaptada ao muro. Entre estas, o xurado escollerá o mural gañador e dous finalistas. As persoas interesadas en participar poderán enviar os seus portafolios do 1 ao 14 de setembro a cultura@tomino.gal.

Os premios serán de 1.800€ para a execución do mural con materiais e gastos incluídos para a persoa gañadora, 300€ para o segundo premio e 200€ para o terceiro.

O 17 de setembro publicarase o nome das e dos artistas seleccionados, que terán ata o 2 de outubro para presentar as súas propostas de deseño. O 10 de outubro anunciaranse os premios para a continuación comezar coa execución do mural. 

Bases completas do concurso na web municipal.