Tomiño retoma a programación cultural este fin de semana As actuacións terán lugar no auditorio de Goián, cumprindo estritamente a normativa de seguridade

Tomiño retomará este fin de semana a súa programación cultural despois do parón temporal decretado trala entrada na alerta vermella durante o pasado mes para frear a expansión da COVID-19 no municipio. A programación desenvolveráse durante o fin de semana no auditorio de Goián, cumprindo estritamente a normativa de seguiridade.

O sábado 14 o público asistente poderá desfrutar do monologuista e actor Federico Pérez, ao que coñece media Galicia por Moncho (Era Visto!) ou por Josito (Padre Casares). Federicorecoñece ter aprendido todo nas tabernas e agora considera que é hora de compartir este coñecemento co gran público levando ao escenario a súa experiencia como humorista. O prezo será de 3 euros.

O domingo 15 a cousa irá de teatro. A obra “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” fará sen dúbida as delicias dos máis pequenos. Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. As entradas terán un prezo de 3 euros para os adultos e de 1,5 euros para os nenos e nenas.

As entradas poden ser reservadas a través do mail cultura@tomino.gal ou chamando ao 986 62 20 01. Agradécese levar o importe xusto.