Tomiño súmase á celebración dun minuto de silencio, polo NAUFRAXIO do pesqueiro “VILA DE PITANXO” A concentración realizouse diante da Casa do Concello e na praza do Seixo

Ás 11 da mañá membros do goberno local e traballadores do Concello celebraron hoxe, un MINUTO SILENCIO polo naufraxio do pesqueiro “VILA DE PITANXO” (en augas de Terranova, Canadá, e que causou o falecemento e a desaparición de varios tripulantes), sumándose veciñanza e comerciantes do mercadiño ambulante que se realiza os mércores na vila.
Deste xeito, o concello quixo amosar o seu pesar compartido coas familias dos desaparecidos e a súa solidariedade.