TOMIÑO TRASLADA OS ACTOS DAS LETRAS GALEGAS AO SÁBADO 21, POR MOR DO MAL TEMPO Haberá obradoiros variados para a poboación en xeral, organizados polo grupo de voluntariado da OMIX

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXIVAS ADVERSAS PREVISTAS PARA MAÑÁ MARTES 17 DE MAIO, o Día das Letras Galegas celebrarase o sábado 21 de maio.

Haberá obradoiros variados para a poboación en xeral, organizados polo grupo de voluntariado da OMIX TOMIÑO. As persoas que participen en todas as actividades levarán de balde unha camiseta co deseño gañador deste ano 2022, realizado pola moza MARÍA SILVA GONZÁLEZ. Haberá tallas dispoñibles dende 1 ano a XXXL.

Ademais, ofertarase un SÚPER DESCONTO do 40% aportado polo Concello e un 10% polas librarías do municipio, IDEAS E NOVIDADES; así poderán mercarse LIBROS E CDs EN GALEGO Á METADE DE PREZO.

Todo isto e máis, como o tradicional concerto da Agrupación Musical de Goián, de 10 a 14h na FESTA DAS LETRAS na Praza do Seixo de Tomiño.