04 Xan Tomiño xa está preparado para a Cabalgata de Reis, que sairá do Campo do Alivio este sábado 5 ás 16.30 h Rematará na Praza do Seixo, onde se realizará un sorteo de agasallos
Todo listo en Tomiño para recibir un ano máis as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Este sábado 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, que un ano máis terá o seu punto de partida no Campo do Alivio. A comitiva real, composta polas catro carrozas que acompañan aos Reis e as treboadas de Tomiño, sairá ás 16.30 h para percorrer e encher de maxia as rúas de Tomiño.
O percorrido transcorrerá polas rúas céntricas da vila facendo as ledicias de todos os nenos e nenas e de todas as persoas que se acheguen a gozar dunhas horas de música e cor. O desfile rematará na Praza do Seixo, onde se celebrará a recepción dos cativos e cativas aos Reis Magos. Ademais, ao final do percorrido haberá reparto de agasallos e sorteo de premios.
A Concellería de Cultura convida a todos os tomiñeses e tomiñesas e aos veciños e veciñas da comarca a que participen nesta tradicional festa.
En caso de choiva, será a propia concellería a que valore a posibilidade de suspender a cabalgata ou de trasladala ao día seguinte á mesma hora.