
20 Abr 2022 Tras a Semana Santa, continúa a Programación Cultural esta fin de semana con 2 propostas moi atractivas O sábado chega ao auditorio "O Furancho" de Ibuprofeno Teatro, e o domingo, para público familiar, "Estrafalaria" de Xarope Tulú
Tras a Semana Santa, continúa a Programación Cultural esta fin de semana, con 2 propostas moi atractivas.
SÁBADO 23: “O Furancho” de Ibuprofeno Teatro
Un furancho onde se pode consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%
Data: Sábado 23 de abril
Hora: 21h 🕘
Idade: A partir de 12 anos
Lugar: Auditorio de Goián
Prezo: 3€
E o DOMINGO 24: “Estrafalaria” de Xarope Tulú
Espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos, onde o público participa activamente do relato. O obxectivo é transmitir a idea da diversidade como valor enriquecedor.
Data: Domingo 24 de abril
Hora: 17.30h 🕠
Idade: público infantil e familiar
Lugar: Auditorio de Goián
Prezo: GRATIS