Tres medallas para Os Teixugos na 4ª Copa Galega de Promoción de Slálom Os pequenos palistas do slálom galego déronse cita este domingo na localidade de Ribadumia. Seis deles foron do Club Deportivo Miño, de Goián

Os máis pequenos do slálom galego déronse cita este domingo na localidade de Ribadumia para celebrar a cuarta competición da Liga Galega de Promoción de Slálom. Seis foron os pequenos Teixugos que participaron no evento.

Na categoría Infantil, na modalidade K1, Mateo Rivas foi o mellor dos teixugos coa súa terceira posición, Adrián Lluch acadou un meritorio sétimo lugar e Álex González foi décimo segundo. Na mesma categoría, modalidade C1, Adrián Lluch foi o único teixugo en baixar, rematando sexto.

Javier Luch participou en K1 benxamín facendo a mellor baixada da súa categoría, alzándose coa medalla de ouro.

Alejandro Barreiro tamén foi o mellor da categoría prebenxamín, conseguindo o segundo dos ouros para o club.

Dúas medallas de ouro e unha de bronce foi, por tanto, o balance desta competición para o Club Deportivo Miño-Teixugos, que a pesar de ter un equipo minguado, segue colleitando éxitos.

Este é u deporte individual que fomenta a responsabilidade, e a amizade e convivencia con nenas e nenos de distintos lugares de Galicia, España e Portugal. O único requisito para anotarse e saber nadar. Desde o Club Deportivo Miño anímase as familias de Tomiño e concellos lindeiros a anotar as súas fillas e fillos a este deporte, destacando a total seguridade da súa práctica, pois nenas e nenos están absolutamente concienciados dende o primeiro momento na obrigatoriedade do uso de chaleco e casco.

Informa: Rosa Fdez. Carrera.