Tres Teixugos no Equipo Nacional de Slálom

Histórica fin de semana para o Club Deportivo Miño, que logrou que tres dos seus piragüistas entraran a formar parte do equipo nacional

Na pasada fin de semana celebrouse a 1ª Competición da Copa de España de Slálom, que ademais funcionou como 1º selectivo. Luís Fernández, Brais Castro e Manuel Ochoa foron quen de entrar nos seis mellores da súa categoría e pasar ao 2º selectivo a celebrar na localidade francesa de Pau.

Esta fin de semana, na canle de Pau tivo lugar o 2º selectivo. Sábado cada deportista fixo dúas mangas e o domingo outras dúas. O resultado final non puido ser mellor.

Luís Fernández, que adestra desde fai anos no centro nacional da Seu D´Urgell, acadou praza na modalidade C1 absoluta e C1 sub-23. Brais Castro entrou en C1 júnior e Manuel Ochoa en k1 júnior, ámbolos dous están becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra adestrados por Ekhi Díez. Xunto a eles tres entrou tamén outra galega do centro, Ainhoa Lameiro, do Club Penedo de Caldelas.

Histórico resultado para o slálom galego, xa que a selección nacional desta modalidade está dominada desde fai anos por cataláns e vascos, sendo a primeira vez que un galego entra na categoría absoluta, e, a primeira tamén, que tantos galegos superan o selectivo.

Os catro, xunto cos restantes seleccionados, representarán a España no Campionato do Mundo que se disputará en Cracovia, Polonia.

O mérito destes deportistas e maior, se cabe, porque tiveron que clasificarse coa desvantaxe que supón que as probas se realizaron na canle na que adestra o equipo catalá, Seu, e na que adestra o equipo vasco, Pau. Eles xogaban na casa, os nosos xogaron fóra.

O equipo de goberno de Tomiño fai chegar os seus parabéns aos deportistas, desexándolles un futuro cheo de triunfos.

Manuel Ochoa (Copy) Brais Castro (Copy)

 

Información facilitada por Rosa Fernández Carrera.