ÚLTIMAS PRAZAS PARA O CURSO DE FORMACIÓN DAS PERSOAS ADULTAS 2019/2020!! Permite preparar por libre a proba do graduado en ESO, a de acceso a ciclos medios da formación profesional e a de competencias clave de nivel 2

As persoas interesadas deben incribirse á maior brevidade, presencialmente no rexistro do Concello de Tomiño ou online a través da sede electrónica do Concello de Tomiño (tomino.gal), xúntando o modelo de solicitude que pode descargar no enlace https://tomino.gal/o-concello-de-tomino-organiza-o-curso-de-formacion-de-persoas-adultas-2019-2020-co-fin-de-preparar-ao-alumnado-para-obter-o-graduado-da-eso/ e unha fotocopia do DNI.

Os prezos mensuais das clases que inclúen tamén o material didáctico, serán os seguintes:

  • Para persoas cos tres ámbitos pendentes 30€/mes.
  • Para persoas con dous ámbitos pendentes 20€/mes.
  • Para persoas cun ámbito pendente 15€.

Ademais, o alumnado poderá acceder ás gravacións  de voz das clases a través de internet, etc.

As clases comezan o día 5 de novembro e serán martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas, durante as primeiras semanas aínda se pode incorporar novo alumnado.