Últimos días para inscribirse nas actividades de verán organizadas polo Concello Até o momento hai 234 persoas apuntadas e o prazo remata o vindeiro martes 25 de xuño, excepto no caso do capus de piragüismo, que termina un día antes.

Lembramos que son os últimos días para apuntarse nas actividades de verán do Concello de Tomiño. O prazo remata o vindeiro martes 25 de xuño, excepto no caso do capus de piragüismo, que termina un día antes.
Até o momento contabilízanse 234 persoas inscritas:

Campamento urbán: 95

Fútbol: 33

Tenis: 25
Atletismo: 20
Campamento musical: 17
Piragüismo: 15
Skate: 12
Rugby: 7
Balonmán: 7
Pádel: 3
O trámite de inscrición pode realizarse a través da páxina web do Concello, no seguinte enlace: https://tomino.gal/campamentos-de-veran-2019/.