Unha nova achega de 275.760 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, permitirá contratar a 30 persoas para diferentes servizos Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tomiño, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de dar luz verde a 23 novas achegas do Plan Concellos, das liñas 1 e 3, coas que se realizarán “inversións para transformar os concellos e, por outra banda, financiar a contratación de ata a 320 persoas que van a permitir a prestación de servizos nos municipios. Deste xeito, a Deputación fará chegar case 3,7 millóns euros a O Grove, Forcarei, Ponteareas, Salceda, Vilanova de Arousa, As Neves, Baiona, Caldas de Reis, Cangas, Crecente, Gondomar, A Illa de Arousa, Marín, Moaña, Mondariz, Nigrán, O Porriño, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Tomiño e Vilaboa.

No Baixo Miño os fondos provinciais chegarán a Tomiño para contratar a 30 persoas cunha achega de 275.760 euros.

 

3º PLAN CONCELLOS 2022: LIÑA 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

PERFIL E NÚMERO DAS PERSOAS DESEMPREGADAS A CONTRATAR POLO CONCELLO DE TOMIÑO: os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tomiño, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

A xornada en tódolos casos será completa (100%) excepto o Pedagogo/Psicopedagogo/Educador/a social/Mestre de educación especial/Mestre de educación primaria cuxa xornada será do 57,14%.

Os perfís, a duración e as datas de inicio previstas para as 30 contratacións son as que indicamos a continuación:

  • 16 Peóns de xardinería, contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (95121019) (80)
  • 1 Albanel Oficial 1ª, contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (71211015) (40)
  • 2 Peón albanel, contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (96011029) (80)
  • 1 Condutor-operador de retroescavadora Oficial 2ª, contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022.  (83311174) (50)
  • 2 Instalador electricista en xeral oficial 1ª, contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (75101033) (40)
  • 1 Mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial 2ª, contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (74011034) (50)
  • 2 Soldador de estruturas metálicas lixeiras, especialista, contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (73121051) (70)
  • 3 Técnicos administrativos en xeral (categoría Oficial administrativo), contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (36131039) (00 Técnico)
  • (1)1 Pedagogo/Psicopedagogo/Educador social/Mestre de educación especial/Mestre de educación primaria, (categoría axudante titulado), contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (23211052/28231044/28241056/23111017/22401012) (00 Técnico)
  • (2)1 Enxeñeiro Técnico Forestal/Biólogo (categoría axudante titulado), contrato 6 meses, inicio previsto antes do 30/03/2022. (24251011/24211019) (00 Técnico)

(1) Refírese a un único posto onde a orde de preferencia de titulacións sería: 1º Licenciatura ou grao en pedagoxía; se en Tomiño non houbese unha persoa desempregada con esa titulación, pasaría a buscarse persoas candidatas con Licenciatura ou grao en psicopedagoxía, e así sucesivamente (sería 3º Diplomatura ou grao en educación social, 4º Diplomatura ou grao de mestre en educación especial ou con mención en pedagoxía terapéutica e 5º Diplomatura ou grao de mestre en educación primaria).

(2) Refírese a un único posto onde a orde de preferencia de titulacións sería: 1º Enxeñaría técnica forestal ou Grao en Enxeñaría Forestal especialidade en explotacións forestais; se en Tomiño non houbese unha persoa desempregada con esa titulación, pasaría a buscarse persoas candidatas con Licenciatura ou grao en Bioloxía ou calquera outro título equivalente noutro plan de estudos, expedido por Centros Oficiais de Ensino.

Excepto nos postos de peóns de xardinería e de técnicos administrativos, será requisito para  ser admitido nestes procesos de selección, posuír como mínimo o carné de conducir B en vigor, pois en caso de ser seleccionados estes traballadores deben desprazarse ás distintas obras ou instalacións ás veces en vehículos municipais e para iso é preciso que posúan o carné.

No caso do condutor-operador de retroescavadora será requisito posuír o carné mínimo en vigor que esixa a lexislación no momento da selección para a condución da maquinaria que se trate.

Aos Oficiais de primeira esixiráselles o título de Graduado escolar/Graduado en ESO ou equivalente.

Os técnicos administrativos terán como requisitos posuír a titulación ou titulacións de Ciclo Superior ou equivalente da familia profesional de Administración e xestión que se establezan nas bases de selección.

Valoraranse para todos os postos ademais dos coñecementos da profesión, as seguintes situacións pola orde de preferencia que se indica: ser vítima de violencia de xénero, ter máis de 45 anos, ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, sempre que esta permita a realización das funcións propias de cada un dos nomeados postos, formar unha familia monoparental con fillos a cargo, ter un nivel de renda máis baixo e ter cargas familiares.

Ademais segundo o posto de que se trate poderanse valorar outras situacións ou titulación/formación relacionadas coas funcións de cada posto e que se concretará nas bases da convocatoria de cada posto.