
05 Xuñ 2020 UNHA UNIDADE MÓBIL de doación de sangue TRASLADARASE ATA GOIÁN o martes 9 de xuño Permanecerá na PRAZA PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ de 16.00 a 21.00 horas
Confirmamos o desprazamento da unidade móbil de ADOS a GOIÁN: UNIDADE MÓBIL NA PRAZA PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ
Martes, 9 de xuño 16.00 a 21.00 horas.
ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.
O traballo depende da colaboración diaria das distintas institucións, concellos,centros docentes e empresas galegas, aínda máis nestas circunstancias.
As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.
PÓDESE SOLICITAR CITA PREVIA NO NÚMERO 900 100 828, OU NA PROPIA UNIDADE MÓBIL.
Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a milleiros de doentes.
#súmateaonosoequipo
Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuito.
O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.
Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.
Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…
Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.
Material informativo sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar
https://ados.sergas.gal/
https://ados.sergas.gal/
Adíca 2 minutos para decidir se salvas unha vida