Unha unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Goián o xoves 30 de xullo Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, é preciso solicitar cita previa

Unha unidade móbil de doazón de sangue desprazarase ata a Praza de Goián (Tomiño) o vindeiro xoves 30 de xullo, de 16.00 a 21.00 horas.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, é necesario solicitar cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando esperas (Teléfono: 900 100 828).

GOIÁN: UNIDADE MÓBIL NA PRAZA PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ
Xoves, 30 de xullo 16:00 a 21:00 horas