Unha vintena de persoas obteñen a licencia de navegación en Goián (Tomiño) A acción formativa, impartida pola Federación Galega de Motonáutica a pasada fin de semana, tivo unha parte teórica e outra práctica, contando cun pantalán e unha embarcación adaptada para as persoas con problemas de mobilidade

Un total de 22 persoas realizaron o pasado sábado, un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación, organizado pola Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración da Concellería de Deportes de Tomiño.

Quince persoas fixeron o curso completo (teoría e práctica) e 7 realizaron só a parte práctica, (xa que estaban en posesión da autorización federativa que lles convalida a parte teórica), contando cun pantalán e unha embarcación adaptada para as persoas con problemas de mobilidade.

Algunhas das persoas matriculadas proviñan de distintos concellos da zona, coma O Rosal, A Guarda, Baiona, e Salceda de Caselas, contándose tamén con dúas procedentes de Madrid, pero a maioría eran do propio concello de Tomiño.

Este era o segundo curso organizado no 2020 pola Federación Galega de Motonáutica en Tomiño para a obtención da Licencia de Navegación. Dada a gran demanda existente, se está a pensar en realizar outro a final de agosto ou setembro.

Dende a Federación Galega de Motonáutica explican que a mesma “leva uns años apostando polo Concello de Tomiño para facer actividades náuticas, de feito, neste municipio sempre se celebra una proba do  “Campionato Galego Inclusivo – Slalom de Motonáutica”, que este año está prevista para o mes de setembro, e tamén se celebrou o pasado ano un bautismo de motos acuáticas, para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida”.