Unhas 50 persoas colaboran nos obradoiros participativos para a redacción do Plan de Mobilidade Sustentable de Tomiño

Unhas 50 persoas colaboran nos obradoiros participativos para a redacción do Plan de Mobilidade Sustentable de Tomiño Organizáronse reunións no salón de plenos do Concello de Tomiño e no Centro Goianés. Máis de 200 persoas xa cubriron a enquisa online

O Concello de Tomiño segue apostando pola participación cidadá para a toma de decisións que afecta ao futuro da vila. Por este motivo, oequipo redactor do Plan de Mobiblidade Sustentable de Tomiño reuniuse 0 xoves 3 de outubro con representantes de diversos sectores da sociedade tomiñesa para escoitar as súas demandas, inquedanzas e suxestións en canto ás dinámicas de mobilidade dentro do termo municipal.

Unhas 50 persoas colaboran nos obradoiros participativos para a redacción do Plan de Mobilidade Sustentable de TomiñoPola mañá os redactores reuníronse coa Policía Local, co Departamento de Urbanismo e con representantes do tecido asociativo no Salón de Plenos do Concello, mentres que pola tarde, foi a quenda do Goberno local, representantes do PSOE e de novo o tecido asociativo no Centro Goianés e no Salón de Plenos, así como de persoas que a nivel particular quixeron achegar as súas opinións respecto a mobilidade. En total, preto de 50 persoas, representantes de diferentes sectores da sociedade tomiñesa que participaron de xeito activo nesta iniciativa.

Algunhas das demandas e suxestións que máis se escoitaron nos diferentes encontros foron, entre outras, a necesidade de mellorar a conexión peonil e ciclista das parroquias cos núcleos do Seixo e de Goián, sobre todo dende Vilachán, Tebra e Forcadela cara o Seixo e entre Goián e o Seixo pasando por Soutelo e Figueiró; a mellora da iluminación nos accesos aos núcleos urbanos; a mellora das paradas de transporte escolar; a mellora da seguridade viaria nos núcleos de poboación por onde pasa a PO-552; ou a mellora na accesibilidade en transporte público dende os núcleos de poboación máis illados cara os núcleos urbanos.

Este proxecto está financiado ao 75% pola Deputación de Pontevedra, a través da Convocatoria de Subvencións para “Plans de Mobilidade Sustentable”.

Por outra banda a enquisa online, que leva unha semana aberta e que xa foi cuberta por 200 veciños e veciñas de Tomiño. As persoas interesadas poderán seguir enviando as suas suxestións ao seguinte enderezo electrónico tomino@plandemobilidade.com.